Empezan a vendernos de tal maneira a recuperación económica do noso país
que algúns xa empezan a convencerse de tal bonanza. Hai por aí medio mes que me
atopei cunha crónica que me deixou máis que pampo. Polo que chegan a facer algúns
(parados e xubilados; normal) para ganar tan só 10 euros. Dez euros que,
mirándoo ben, hoxe en día é unha cantidade ridícula. Pois ben, eses, ós que lle
chaman os aplaudidores dos programas e concursos e debates, tíranse toda unha
xornada para acadar esa bonanza que causa o ter 10 euros. Empezan ás catro da
tarde esperando o autobús que os levará ó lugar de gravación do programa. Logo
fan cola ata as sete, que é cando realmente empeza a gravación. Gravan ata as
doce e media da noite e volven en autocar a Madrid. Imaxino que o autobús sairá
máis ou menos do centro, polo que moitos teñen que empregar case ou sen case
unha hora en chegar á parada e o mesmo tempo cando volvan para as súas casas.
Ou sexa, que o que viva no arrabalde, e para ganar os 10 euros cos que lanzarán
as campás ó voo, ten que coller o camiño “da recuperación” ás tres da tarde
para chegar “rico” á casa a iso da unha e pico ou dúas da noite. Practicamente
doce horas por 10 euros! Alguén dá máis, señores! E agora a seguir vendéndonos
o carro cargado de ilusións, bonanzas, riquezas e recuperacións á velocidade do
AVE. Canta tristeza hai nesta realidade diaria!
No hay comentarios:
Publicar un comentario