viernes, 20 de febrero de 2015

UN POUCO MÁIS ALÁ DOS ESTUDOS



Semella que hai unhas dúas mil familias en España que prefiren educar os seus fillos pola súa conta. Trinta desas familias son galegas. A ver; non me meto na vida de ninguén e moito menos se falamos de educación. Cada un educa ós seus como pensa que debe e como pode. Mais eu, por exemplo, non son partidario diso. A proba é que desde ben carrouchiños xa os mandei á gardaría. Creo que, a maiores de ensinarlles a, chamémoslle, teoría de certas materias, está a “práctica da convivencia”. E con maior motivo cando son nenos. A convivencia entre eles penso que é a mellor educación que pode acadar un rapaz, incluso un adulto. Os nenos necesitan xogar, rir, chorar, ata pelexar entre eles. Todos sabemos que logo dos “enfurruxamentos” chegan ó momento novos xogos e novas risas. Non son partidario dos abusos; realmente que os odio, quizais porque sempre fun un ser débil e cheguei a ter medo no colexio ante o “alarde” de dominio dos máis lampantíns. Pois aínda así, iso entra tamén dentro desa convivencia; é unha forma de ver o comportamento, o carácter dun rapaz, dunha persoa (porque o que abusa de pequeno seguirá a facelo de adulto) Respecto a decisión desas familias, pero… esas trasnadas nas aulas, eses recreos, eses berros, esas burlas incluso sobre os profesores, ata eses medos penso que, pouco a pouco, fan a un persoa. Emporiso, cada un é moi libre de mandar na súa casa. Mais deberían ir un pouco máis alá dos estudos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario