Se o colles dunha maneira, é unha
noticia triste, incluso prosmeira. Pero eu optei por collela en plan de
retranca, porque, a ver, se optas pola primeira opción case dan ganas de chorar
polo medo a... “qué haberá máis alá”. Resulta que os concellos de Galicia están
por debaixo da media en transparencia. Entendedes o de “qué haberá máis alá”,
aquilo que non transparenta? Malia iso, xa digo, opto pola retranca. Os
concellos están por debaixo, non ensinan todo polo famoso slogan da escaleira:
que o galego non sabe se sobe ou baixa, é dicir, que qué lle importa ó curioso
o que faga o galego. Pois na transparencia acontece o mesmo: que lles importará
a eses que queren saber?! Mira que os hai ben interesados! Se poñemos todo á
luz do día, non ten aliciente o noso cometido, non si? Así, se lle acochamos
algo ó paisano, este ata pode pensar que temos aí unha reserva para... para...
para que? A algúns que lles importa se subimos ou baixamos, se ensinamos ou escondemos.
Transparencia, o imprescindible. Que somos galegos, carallo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario