viernes, 20 de febrero de 2015

MEDO A COMPARTIR O MONTE COMUNAL


              Hai medo. Moito medo. Hai medo no que ten o poder político. Medo a que se lles acabe a bicoca. E non a queren perder. A bicoca. Ou o poder. É igual. É o mesmo. Entón buscan e fan e desfán e din e claman contra iso que semella que mete medo. Non son de Podemos nin vou votar a Podemos, porque por sorte ou por desgraza (perdón, por sorte só) xa levo moitos anos seguindo a miña ideoloxía que, poida que vaia a menos, pero sei de sempre que nacín dos lado dos sufridores, da beira dos perdedores. E non me importa.

Estou a desviarme do asunto. Non vou votar a Podemos. Mais isto non quita de que vexa o que hai (hoxe ata un cego o ve): unha auténtica caza de bruxas cara á ese partido. Un macarthismo que, hoxe, ata os “segundóns” apoian. Non só as dereitas fustrigan con todo o que poden, senón que incluso os que presumen de esquerdas poñen o arame de espiño para que esa forza política que asoma non consiga entrar no que pensan que é o seu monte comunal. Señores, o monte comunal é de todos, non só duns privilexiados. Hai moito medo a compartir o monte comunal político.

No hay comentarios:

Publicar un comentario