lunes, 23 de febrero de 2015

VAIA SE HAI!


               Parece que algo se ten ganado con anuncios, con ruxerruxes, incluso con sancións sobre o racismo. Parece que non hai o que había. Pero hai, vaia se hai! Houbo, haino e haberao. Porque cremos ser únicos. Enormes. Guapos. Listos. Auténticos. Arrigo Sacchi, unha persoa que se presume que debería dar exemplo por aquilo de que sempre tratou con rapaces ou mozos ós que intentaba educar, cuspiu o outro día unha nova falcatruada racista: “demasiados xogadores de cor no fútbol de Italia”. En Italia, claro. É igual; calquera día aquí en España choutará alguén cun “demasiados xitanos, ou demasiados africanos, ou demasiados marroquís”. Despois de cuspir quixo limpar un chisco o esgarro, o esputo con que só quería reflectir unha perda do “orgullo e a identidade nacional”. Señor Sacchi, na base, é dicir, cando son nenos nin tan sequera saben que é iso das nacionalidades. Cando son nenos o único que queren é xogar e dano todo por marcar un gol. Non me imaxino a un neno negro parándose no medio do campo e dicíndose que corra o branquiño que para iso é italiano

No hay comentarios:

Publicar un comentario