viernes, 6 de febrero de 2015

SEMPRE A RECORDO ASÍ



              Xa escribín un relato sobre esa rúa. Xa lin unha queixa sobre esa rúa na sección de Cartas ó Director. E hai uns días tamén lin unha crítica do PP sobre esa rúa. Iso é, sobre a famosa rúa Concejo da cidade de Ourense, sobre o “calamitoso” estado no que se atopa, segundo o partido da oposición. Onde vai que esa rúa está así! Eu recórdoa sempre así. E neste sempre gobernou tamén o PP. Neste sempre, como na actualidade, para un servidor, a rúa Concejo é “a carreira”, igualiño que as carreiras das aldeas; tan só lle falta o bulleiro. Cada vez que subo por ela recoñezo que me compadezo dos parafusos do meu Pancracio. Os rapaces quedan cansos dos choutos do vehículo e a muller ata prefire incluso ir por outras rúas aínda que haxa que arrodear para chegar ó destino. Eu, sinceramente, teño dous pensamentos: o malo vaille dedicado ó alcalde, ós alcaldes e o bo, porque cada vez que lles nomeo ós meus “agarrádevos que entramos na carreira”, esta última palabra lévame ás aldeas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario