miércoles, 11 de febrero de 2015

TARDE, MAL E NUNCA


               Así se adoitan facer as cousas  no noso país. Arránxase a curva dunha estrada cando hai un accidente mortal. Métese ó maltratador no cárcere cando xa matou ó cónxuxe. Verdade que aínda recordades o asalto a un banco en Vigo de cando mataron a unha policía? Que se non tiñan chalecos os corpos de seguridade, que se os tiveran e os levasen sería outro o desenlace, que logo da catástrofe chegou o remedio, etcétera. E agora nin remedio nin rabo de gaitas. As mulleres policías devolven os chalecos porque non se adapta á súa anatomía. Normal; as cousas feitas ás présas, por xeral, nunca saen ben. Tarde, mal e nunca. Así foi e así será desde que o mundo é mundo. Porque tan só pensamos no momento, no presente. Fixádevos nunha rúa calquera: hoxe abren unha gabia para meter cables dun teléfono, dentro duns días abren de novo a gabia para meter tubaxes de gas, ás poucas semanas abren unha vez máis a gabia para meter cables doutra compañía telefónica, ós tantos meses fanlle a cesárea á mesma gabia para outra compañía de gas. Os grandes pensantes planean o presente. O futuro... xa chegará.

No hay comentarios:

Publicar un comentario