miércoles, 4 de febrero de 2015

DAN UN POUCO DE NOXO



              Non adoito ler os xornais deportivos porque xa sabemos todos como son: que o Marca e o As falan tan só do Real Madrid e o Sport, do Barcelona. Mais ás veces non queda outro remedio que fixarse nas portadas. Vas tomar un café e en todas as barras das cafeterías están espalladas dunha punta á outra. Lendo estas portadas chegas á conclusión de que dan un pouco de noxo. Perdón, non chego á conclusión, porque xa o dixen ó principio, xa sei a quen representan. Emporiso, segue dando rabia os tratamentos das súas noticias. Por exemplo, o famoso gol de Benzemá (de rosca) que cubriu durante uns días as portadas e páxinas dos dous primeiros rotativos citados ó principio. Ese mesmo día, pola noite, Nolito meteu un gol semellante, precedido dunha mellor xogada ca realizada polo francés. Deille grazas a Deus por ver o partido do Celta e por ver, no mesmo, a repetición do gol, pois sabía que sería a última vez que vería ese gol. “Aproveita, compañeiro, en ver a repetición, pois fóra desta… adeus, moi boas”. Como así sucedeu. Non volvín ver o gol nin oín falar máis del.

No hay comentarios:

Publicar un comentario