Falemos
un pouco dos ánimos ou méritos deportivos. Dicimos que tal ou cal equipo ten
moito mérito porque non perde ningún partido en moito tempo ou, aínda mellor,
que os gana todos. Pero sen analizar, ó mellor, que é un equipo feito a base de
talonario ou de poder. Por iso é que eu véxolle moito máis mérito a Os Chaos,
por exemplo, porque leva unha morea de anos sen practicamente alegrías
vitoriosas e, emporiso, segue nos seus trece. Ou como xa comentei nunha
reportaxe de Testemuñas da Memoria, o equipo junior de baloncesto do ABO (é
dicir, nenos aínda), que non ganou ningún partido na temporada pasada ou, aínda
peor, que os perdeu todos porque no baloncesto non existe o empate. Estes dous
equipos –entre outros, claro- si que son dignos de admiración. Que a pesar de
perder unha e outra vez, eles, dálle que dálle e coa ilusión do primeiro día,
porque teñen dereito a soñar en que no próximo partido ó mellor vai, ó mellor
acadan a primeira vitoria. E seguen. E seguen. E seguen. É moi fácil ganar con
estrelas. É difícil que ilusionen as derrotas. De aí ese mérito, esa ansia da
ilusión. E por Deus bendito, que non lles falte!
Que
gozada ler o outro día neste xornal como o xogador-fundador-presidente dos
Chaos, con setenta e pico anos, segue ilusionado, segue soñando coas vitorias.
Como o meu rapaz a temporada pasada; levando paus a eito e, non obstante,
tirando cara á adiante unha e outra vez. Para esta xentiña vale máis unha
pequena migalla de pan que a copa da Liga de Campións ou a medalla de ouro
olímpica. Un gol dos Chaos ten que ser como a éxtase. Como unha tripa do ABO
era o estoupido emocional do xogador e do espectador. Sei seguro que a ansia da
ilusión non vola quita ninguén. Ánimo a todos os que caen derrotados unha e
outra vez. Algún día rebentará o mundo de alegría co voso éxito... que sempre
chega.
Maceda.
Venres, 7 de outubro de 2016
Café
Vivaldi da Valenzá. Venres, 7 de outubro de 2016
No hay comentarios:
Publicar un comentario