jueves, 20 de octubre de 2016

NON SABE QUE FACER


            Restituto Sansaturnino Turino ten o xesto pensativo e a ollada perdida no horizonte, é dicir, algo máis alá da cristaleira do bar. Non sabe que facer. Leva boa parte da tarde a velas vir porque non sabe que facer. Aínda que sabe perfectamente que ten moito traballo pendente na súa casa. Pero amárgalle ir para a casa.
Restituto é algo nugallán. Ou bastante. Sempre lle busca á muller calquera escusa con tal de non facer nada. E cada vez que pensa nunha escusa, sorrí. Porque se lle vén ó pensamento as escusas nocturnas das mulleres. El, claro, non quere ser menos e di que, segundo as mulleres finxen unha dor de cabeza, por exemplo, el simula un lumbago para non cambiar nin tan sequera unha lámpada. Restituto Sansaturnino Turino deixa de pensar, mira á camareira, saca a carteira e bérralle cun “aquí che queda isto”. E marcha xa cun sorriso nos beizos. Ó mellor xa se lle ocorreu que facer, aínda que só sexa o lacazán.


            Finca Fierro. Xoves, 20 de outubro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario