sábado, 15 de octubre de 2016

O ESTRUME DOS CASTIÑEIROS


            A mañá non estaba para moitos trotes, climatoloxicamente falando, pero aínda así Olegario Espírito Santo colleu o tractor e marchou para a Costela. Alí dispúxose a cargar na broza que xa xuntara días atrás debaixo dos castiñeiros. A poula a verdade é que está chea de castiñeiros, sobre uns vinte ou máis.
Antes de empezar, Olegario Espírito Santo quixo apañar as castañas que houbese polo chan para que non foran metidas entre o estrume, pero non colleu nin tan sequera un quilo delas. Porque alí o que había era unha auténtica semente de castañas comidas polo porco bravo, polo sempre omnipresente xabaril. Meu Deus, que desfeita! Clamando contra o bicho, Olegario volveu angazar un chisco máis para deixar todo ben limpiño. E cando xa tiña de novo os montóns preparados, coa forquita cargou pouco a pouco a tractor. Descargou o mesmo na horta que tiña pegadiña á casa.


            Finca Fierro. Sábado, 15 de outubro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario