viernes, 21 de octubre de 2016

ALENTAMOS O GOZO CON ASASINATOS


            O Tribunal Constitucional defende a tradición dos touros.. O Tribunal Constitucional defende a tradición de matar. Os touros son animais. O ser humano mata desde que o mundo é mundo. É dicir, xa é tradición que nos matemos uns a outros, que sexamos asasinos. Pero a un asasino xúlgano e condénano. Din que o ser humano é o animal máis perigoso que existe. Conclusión: se é o peor animal e se o condenan porque mata, por que non condenan a eses peores animais que matan ós pobres touros que tan só son uns simples animais? Aínda que, o que máis me rebenta é o detalle de que eses asasinatos sexan vendidos como festa nacional. Estamos a patrocinar asasinatos. Alentamos o gozo con asasinatos. E o que é aínda peor, tal como se desenvolven as corridas dos touros no noso país: non lles chega con sacrificar ó pobre animal, senón que o temos que machucar, lastrar antes do sacrificio. O morbo da animalada. Temos que rebentalo, afogalo antes do sacrificio.
Non fai falta mirarlle para o sangue que corre polas súas patas dianteiras; chega con visualizar esa lingua fóra e eses agónicos movementos da barriga vendo como sobe e baixa para ver o que realmente acontece nunha praza de touros. Pola contra, se alguén desexa a morte dos toureiros, pobre del!, poñémolo a parir ou incluso o denunciamos pola “animalada” que dixo. Eu, agora mesmo debuxo na miña mente ós compoñentes do Tribunal Constitucional sentados nas súas poltronas, coas linguas fóra e cos seus bandullos subindo e baixando esgotados, afogados... e sorrío.


            Café O Chicote da Valenzá. Venres, 21 de outubro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario