domingo, 9 de octubre de 2016

POLA BEIRA DO RÍO


            Estaba alí porque non estaba noutro lado. Estaba alí, pola beira do río, lendo. Lendo e matando a tarde. A tarde, aínda que xa se está no outono, é longa. É longa porque cando non hai moito que facer o tempo semella que non avanza, que non corre, que non pasa. Así é que el, o home (tamén podía ser unha muller, pero é home), quixo entreterse, quixo que o tempo avanzase, que correse, que pasase e optou por ler á beira do río.
Ás veces sentaba e ás veces paseaba. Pero sempre lendo. Tan só levantaba a vista cando se cruzaba con alguén ou para botarlle unha visual ó chan; non fose que os desniveis o fixen tropezar. Estaba alí porque non estaba noutro lado. Podía estar na cama, lendo. Pero xa estivera e durmíase. A lectura facía topenear. De aí que optase pola lectura á beira do río. Agora xa está aquí porque xa non está noutro lado.


            Café Oren Express da Valenzá. Domingo, 9 de outubro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario