domingo, 16 de octubre de 2016

PERO AVANZO


            Quero ser a palabra de Quentin Tarantino, pero a tartaruga que levo en min non me deixa ir máis alá da primeira letra. Quero ser a música de Ennio Morricone, pero o asubío que levo nos beizos non ten buracos polos que saia o aire. Quero ser a foto de Vittorio Storaro, pero a miña fotoxénica racha o espello no que se reflicte.
Non todos temos a sorte de ser o que realmente desexamos, aínda que moitas veces nos conformamos co que temos. A min mesmo non me importa ser o que son, e por moito de que non sexa nada. Quizais un leve recordo ou un salouco en algún que outro. Pero vou pola vida pensando en Tarantino, escoitando a Morricone e alucinando ante Storaro. E máis seguro que o día de mañá sexa feliz á miña maneira, é dicir, sentíndome sapoconcho que avanzo a duras penas, pero avanzo. Que máis quero!


            Finca Fierro. Domingo, 16 de outubro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario