martes, 11 de octubre de 2016

A ETOLOXÍA DO SER HUMANO


            Por moito que o fútbol estea catalogado como o deporte de masas, e para moitos en plan despectivo, eu sigo pensando e dicindo que é coma un libro aberto, coma un libro que deberiamos de ler todos. É unha das materias que máis ensinan nesta sociedade nosa. Nel vemos e descubrimos o auténtico carácter, a auténtica personalidade do ser humano. Caso Piqué. Odio a vurullóns porque el é antimadridista total e, para máis carallos, catalán (por certo, odiamos ós cataláns pero non deixamos que se vaian; raro, raro). No caso deste xogador pódese apreciar moi perfectamente a realidade das entrañas de moitos.
Fai ben o dimitir. Que sexan os “españolitos” os que soñen con que a verdade é tan só a deles. Lección número dous: un pai agride ó adestrador do seu fillo por cambialo. A ese pai diríanlle na escola que hai que respectar a todo o mundo. O fútbol descobre a personalidade do energúmeno que leva en si. Por iso é que, viva o fútbol!... o polígrafo, a etoloxía do ser humano.


            Finca Fierro. Martes, 11 de outubro de 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario