jueves, 9 de noviembre de 2017

CO SOLDO CONXELADO DOS FUNCIONARIOS


 
            Ós funcionarios conxelaranlles de novo as p…, digo, o soldo por falta de presuposto. Ai logo!, que tanto chupan do bote para non rañala! Hai que aforrar, que, petiño a petiño, ímolos levando para Suíza. Sempre as pagan os funcionarios. Pobres funcionarios! Despois, claro, se algún se cabrea, axiña che soltan aquilo de “como falas en contra dos xefes!”. É dicir, que non queda outra que calar e apandar.
Apandar para que con eses aforros nosos os políticos e politiquiños vaian, por exemplo, presentar o novo centro de saúde de Paderne de Allariz. Perdón, dixen mal: o conselleiro de Sanidade e a delegada da Xunta foron examinar os dous paneis informativos que se puxeron onde se situará o novo centro de saúde. Despois, cando as obras vaian, máis ou menos, pola metade imaxino que volverán co soldo conxelado dos funcionarios “para ver como van as obras”. E xa, cando se remate o centro sanitario, o conselleiro e a delegada serán tan só dous dunha camándula que, faltaría máis, pasarán a inauguralo con sorrisos de Profidén e con bombas de palenque. Co soldo conxelado dos funcionarios. É normal que se cabreen!

            Finca Fierro. Xoves, 9 de novembro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario