Sei que
non vale cabrearse, nin denunciar, nin criticar porque a gran maioría non vai
facer nada de nada. Algo si, darlle á lingua unha e outra vez para, á hora da
verdade, deixar que a vida siga, aínda que sexa a base de inxustizas, de
miseria. Non sei se foi o venres se o xoves cando lin a nova de que ”o roubo de
35 euros pode custarlle tres anos de prisión”. A min paréceme ben que a lei
diga que por roubar hai que ir á cadea. Como se é por tan só 1 euro. Mais o
detalle está en que a sentenza non é para todos iguais. Temos un país cheo de
ladróns (e non de 35 euros) que, á parte de seguir libres, seguen mofándose dos
cidadáns ó seguir roubando á vista de todos. Pero como somos uns ineptos
falamos doutras cousas, desviamos a atención a outros asuntos. Temos os Bancos
suízos cheos cos nosos cartos (sen ter ningunha conta alá) e danos igual. Como
dicían Tip e Coll: mañá falaremos do Goberno. Pero sen chegar nunca ese mañá.
Porque cando volvían actuar, zas: mañá falaremos do Goberno. A nós pásanos
igual. Mexan por enriba de nós e… xa veredes, cando a Fiscalía actúe ides saber
o que é bo.
Esa
noticia dos 35 euros alporizoume un pouco, pero houbo outra que case me fixo
rir a gargalladas: que a brigada de obras do Barco de Valdeorras só dispón de
dous operarios Fíxome rir, pero case me deu pena. Pobre Barco! O segundo concello de Ourense e sen operarios.
Algúns municipios podían emprestarlle algún operario. Non hai moito que vin a
sete obreiros podando unha árbore tan só. Igualiño, igualiño que esa viñeta ou
chiste que circula pola Internet na que dez homes dunha cuadrilla contemplan
como traballa o Paco de sempre. Igualiño, igualiño que no noso país: que
traballan catro paspáns e os demais chuchan da teta e levan o leite para Suíza.
Este país noso… é único.
Finca
Fierro. Venres, 10 de novembro de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario