miércoles, 22 de noviembre de 2017

HOXE DEUME POR AÍ



            O Partido Popular rexeitou 40 medidas da oposición para a prevención dos incendios. É que ningunha valía nada! Tamén os da oposición non teñen sentidiño ningún: querer ser máis listos que os do PP! Incautos! Hoxe é Santa Cecilia. Hoxe hai nubes sobre o ceo. Hoxe hai moito aire. Hoxe ameaza chuvia. Xa veremos. O saxofón de Lester Young faime marcar o ritmo da música coa cabeza. Bendita música! Se me concentro no ritmo deixo de pensar nos listos. Son tan listos como a Fiscalía, que non localiza ningunha trama na súa análise dos incendios. Normal; non a hai! Os douscentos e pico incendios que houbo neste outono foron todos fortuítos… unha chispa de aquí, un lóstrego de alá.
Hoxe escribo pola tarde. Hoxe hai fútbol pola noite. Hoxe hai película despois do fútbol. Hoxe é mércores. Ramón García e Anne Igartiburu seica “volven” presentar as badaladas de fin de ano. A ver, raposeiros!; para que despois faledes do Gayoso na TVG: de que se eterniza aí. Non sei quen se eterniza máis! Hoxe deume por aí. Hoxe deume por escribir ás toas, ó que saia. Hoxe deume por mesturar trapalladas ou trangalladas (é o mesmo). Pero é que non todos os días podo ir de listo pola vida.

            Finca Fierro. Mércores, 22 de novembro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario