Moitas
veces pregúntome se non sería mellor ler os xornais á última hora do día. Así
polo menos tería cabreos curtos, porque, estes, co sono, esquécense, alívianse.
A pena é que os leo á primeira hora e sempre hai algunha noticia que me pon a
cara de ferreiro. O noso presidente Feijóo cre que o noso Goberno do noso Rajoy
cumpriu coa nosa Galicia ó asumir as peaxes da AP-9 e frear a Cataluña. E xa
está. Con iso xa está. Para que pedir algo máis, que se poden herniar. A ver se
non somos tan inocentes, por Deus!
Ningún Goberno cumpriu nunca con Galicia, e moito menos os gobernados polos propios galegos. Sempre nos deixaron da man de Deus, e este, como tamén fai e desfai ó seu antollo, así nos vai. Lembrade: somos o cu do mundo. Hai moitos anos que teño unha imaxe metida na cabeza: que todos os telexornais, durante todos os días, tiñan que proxectar a primeira noticia pedíndonos perdón por todas as falcatruadas con que nos teñen recompensado. E aínda así, non habería perdón. Imposible que haxa perdón. Pero ó noso presidentiño chégalle coa AP-9. Menos mal que o noso Goberno do noso Rajoy non restaurou ningún muíño, por exemplo. Seguro que con isto xa cumpriría. Imposible que haxa perdón.

Finca
Fierro. Sábado, 4 de novembro de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario