lunes, 27 de noviembre de 2017

QUEN QUERE A XAN, QUERE O SEU CAN


 
            Camiño do traballo e escoitando as noticias de Radio Nacional de España, cando chegou o momento da sección das novas máis destacables dos principais xornais españois, un destes seica sacaba en portada que os políticos lanzábanse á busca e captura do voto musulmán en Cataluña. Manda truco na Habana! A onde chegamos!
Resulta que, ata agora, dicir musulmán era dicir yihadista. Falar deles era como alentar, como aguilloar o terrorismo. Falar da burka era como provocar á nosa inmaculada sociedade. Falar do velo islámico ou hiyab era como botar os fígados por unha prenda que, nós, non hai moitos anos usábamos cada vez que as mulleres entraban nunha igrexa. E agora resulta que por uns cantos votos levantámoslles pedestais a todos eses emblemas odiados e vilipendiados. Temos ou non temos bile na conciencia? “Por el interés, te quiero Andrés”. Ou, quen quere a Xan, quere o seu can. Tamén, desta auga non beberei. Masacrados a máis non poder, pero por unha boa poltrona dáselle a volta á tortilla, é dicir, non lles importa que viren as tornas.

            Finca Fierro. Luns, 27 de novembro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario