Rematou o Nadal. Remataron entón as
primeiras enchentes. Aínda quedan as do Ano Vello e Ano Novo. As de
Reis creo que xa pasaron á historia. Agora a estes pobres pouco os
lembramos... o maldito Papá Noel! Estas festas, coa escusa esa de
reunión familiar, me parece a min que de familiar cada vez ten
menos. O esencial é comer. Perdón, o esencial é poñer comida.
Despois, que se coma ou non, xa é outra historia. E cando non se
come nese momento, non queda outra que papar os restos durante días
e máis días.
Porque se fai tal cantidade de comida que non a rematas nin en dous días. E mira que no primeiro momento é certo que se come abondo; tanto que, despois, un queda como queda ou anda como anda. Enchemos e enchemos o bandullo para, logo, pasalo fatal. Se o enches na cea, xa non dormes un carallo. Se o enches no xantar, xa non ceas. E todos os anos dicimos sempre o mesmo: para o ano que vén non se pode poñer tanta comida. Poñemos máis, claro. Porque toda a fastosidade, todo o barullo destas festas métennolo polos ollos. E hai que cumprir co bombardeo publicitario ou cos desexos ególatras, que tamén. Agora toca correr polos paseos. Por que alguén non opta por baixar o bandullo na miña viña, por exemplo? Os aparellos póñoos eu.

Finca Fierro. Luns, 25 de decembro de
2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario