O home
está sentado ó fondo do café e ten a cabeza sobre a palma da man esquerda. O
home está pensativo. Mira sen ver. Coa man dereita remexe no café para que se
disolva o azucre. Nun recanto da mesa colocou o móbil e á súa beira unha
carpeta bastante voluminosa. Pero no centro mesmo da mesa ten aberto un xornal
por, máis ou menos, a metade. O home chámase Aarón Grande Malvido. Pero en
Chaodarcas, o seu lugar de nacemento, é O Miocas, que á súa vez é fillo de
Encarnación, A Lagarta, e de Dionisio, O Entrepernas.
O Miocas pégalle o derradeiro sorbo ó café e segue lendo o periódico. Moi rapidamente. Tan rapidamente que incluso se salta páxinas á lixeira. Detense, iso si, nos deportes e nos mortos, é dicir, nas necrolóxicas. Xusto cando pecha o xornal, entra pola porta unha muller que vai dereitiña para a súa mesa. Danse un bico nos beizos. Ela é Paderna Relativa Castro, natural de Fresnedelo, leonesa, castelá, pero chapurrea bastante ben o galego. A ver!, o Miocas non lle anda con lerias. A ela, en Chaodarcas, chámanlle A Mioquiña. Pide un café e o seu home pide outro. Empezan a falar do nome que lle queren poñer ó fillo. Cando o teñan.

Finca
Fierro. Xoves, 7 de decembro de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario