martes, 12 de diciembre de 2017

ESTATÍSTICAS DE ALÍ A NADA

Canto nos gusta alardear ou facer que traballamos. Principalmente eses xefes con cargos políticos que, o único que queren, é amosar esas actividades que sacan á palestra. Por exemplo, hai pouco, a Xunta sacou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) sobre unha axuda ou solicitude do que fose un venres e o luns xa estaban pedindo estatísticas, cando, o máis seguro, é que aínda nin houbese tempo de ler toda a orde.
Queren vender a súa actividade, o seu dinamismo. Queren facernos crer que actuaron coma lóstregos, coma balas, cando, na realidade, nin tan sequera tiñan que lanzarse certas axudas se desde un principio se actuase como se debería actuar. Pedir axudas é algo moi crítico, moi indixente; significa que algo falla. O galego emigra, emigrou sempre porque o galego foi sempre o gran esquecido, o deixado da man de Deus. Se unha persoa emigra é porque algo falla no noso país. Non obstante, os políticos axiña viran as tornas, axiña viran coma o vento: dirán que en vez de emigrar saímos a aprender, ou que saímos porque queremos ser algo máis cós demais. E seguro que o din con toda a pachorra.

Finca Fierro. Martes, 12 de decembro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario