jueves, 14 de diciembre de 2017

NEUTRALIDADE DOS COMENTARISTAS???

Noxo de comentaristas da TVE. Partido Al Jazira-Real Madrid. Semifinais do Mundialito. Anúlanlle un gol (legal) ó Real Madrid e tiráronse media hora ou máis esbardallando contra o VAR. Que iso é un esperpento. Que o VAR non debería existir. Que imaxínate que fose a final dun Mundial ou dunha Liga de Campións.
Empeza o segundo tempo e anúlanlle un gol ó Al Jazira (certo que ilegal pero por tan poucos centímetros que ata marcando a liña, ufff; a proba é que nin o xuíz de liña erguera a bandeirola). Pois desde ese momento só houbo un comentario: “grazas ó VAR”. E xa non se volveu falar máis do VAR. Eu entendo perfectamente que Manolo Sanchís (un dos comentaristas) tire para a súa casa; pero o que non entendo é a actitude dos demais periodistas que estaban narrando o partido. Cando interesaba, o VAR é unha merda. Cando interesaba (pero polo outro bando), o VAR é auga bendita! Iso non poden reflectilo uns periodistas que se presume, que se entende que son neutrais narrando un partido, sexa do país que sexa ou sexa da liga que sexa. Remato sobre o que dicían de que pode decidir unha final: que pensen nun balón que entra, que non dan gol e que prexudica ó seu equipo, á súa selección. A ver que opinaban do VAR.

Finca Fierro. Mércores, 13 de decembro de 2017

No hay comentarios:

Publicar un comentario