Pódese dicir que a filla de Abigail
vai coma unha princesa pola rúa do Agro de Baños de Molgas. Mesmo
semella que o seu estilo nácelle no corpo. A filla de Abigail, A
Moca, chámase Mabel Vilamelle Suárez e viste, vestiu sempre tan
elegantemente que calquera que a vexa, sexa home ou muller, non lle
queda outra que volverse unha e outra vez para contemplar tanto
xeito, tanta galanura. Definitivamente, nácelle no corpo.
Mabel Vilamelle, A Guapa (que outro alcume ía levar...), anda polos 20 anos e deixou os estudos porque sabía que podía vivir “de rendas”, como se adoita dicir. Ela non é parva e nota, ve como a observan ó pasar. Ás veces, intuíndo iso, provoca aínda máis a súa elegancia, o seu porte. Carallo, nótase que é filla de Filoteo Grego Martín, O Feitiño (outro alcume que non precisa aclaración), que nos seus anos mozos (e con 50 anos aínda se pode dicir que está mozo) era de armas tomar. Alborotaba todas as feiras da contorna. Agora é a súa filla Mabel, A Guapa, a que alporiza todo o galiñeiro. As súas maneiras nácenlle no corpo.

Finca Fierro. Martes, 26 de decembro
de 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario