domingo, 21 de enero de 2018

A VIOLENCIA DO SER HUMANO

Xera o fútbol violencia? Quen xera a violencia, calquera violencia é o ser humano, non son as circunstancias. Así é que non lle botemos as culpas ós xogos, ó cine ou incluso ás propias armas. É o ser humano, que ten a mente podrecida. O ultra Ignacio Racionero seica é o presunto autor de asestarlle tres puñaladas a un mozo de 22 anos. A maiores disto, o tal “anxiño” semella que ten un amplo historial delitivo. No seu caso si pode haber unha circunstancia: que a xustiza é completamente inepta por deixar libre a certo elemento.
O pai do xogador nº 9 do Pabellón B da segunda categoría benxamín de fútbol 8 da nosa provincia debería caerlle a cara de vergonza ante o espectáculo que deu diante duns cativos, diante do seu fillo a base de insultos e ameazas á árbitra de tal partido, que, moi perfectamente, pola idade, podía ser tamén filla súa, chamándolle subnormal, burra e outras “lindeces”. A mente deste pai, á parte de estar podre, está chea de veleno e, pola súa acción, intenta introducirllo, inculcarllo ó seu propio fillo. Teñamos en conta que os fillos adoitan seguir os exemplos dos pais. Se eu pertencera á federación de fútbol, este señor, por chamarlle dalgunha maneira, sería desterrado per secula seculorum dos campos de fútbol, perdón, de calquera campo deportivo.

Finca Fierro. Domingo, 21 de xaneiro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario