No momento de escribir isto, vai
frío, moito frío. No momento de escribir isto xa sinto frialdade
ante todo o barullo da rapaciña Diana Quer. Síntoo por ela, pero xa
me nego a ler máis e máis noticias sobre esa desgraza. Por todos os
Santos, que a deixen en paz! Xa está ben de que os medios de
comunicación fedellen, focen unha e outra vez nas vidas das persoas.
Frío tamén o sentiron os que
quedaron atascados, atrapados na neve na AP-6. Desde aquel momento
empezaron a lanzarse dardos uns a outros ata que se chegou a
conclusión de que a culpa, por esta vez, nin tan sequera fora da
neve, senón que a culpa fora do cha-cha-cha. Coma sempre. Entón é
normal que non dimita ninguén. Que dimita ese baile e xa está.
Fríos tiveron que quedar os dous
pacientes ingleses operados polo cirurxián inglés Simon Bramhall
cando descubriron que este gravara nos seus fígados as súas
iniciais SB. Neste caso, ou quedas conxelado ou súas polos catro
costados. Como se lles cruzan os cables a algúns. Pensaría que
realizaría unha gran obra e que, co tempo, os fígados dos pacientes
valerían o seu aquel. Nesta nosa terra hai para dar e tomar.
Frialdade absoluta no mundo saudita.
Ou mellor dito, no machismo do mundo saudita. A ver, entendo certas
costumes ou tradicións, pero hai algunhas que van moito máis alá
dunha dignidade normal e humana, principalmente humana. Resulta que
as mulleres sauditas entran por primeira vez nun estadio de fútbol,
aínda que, iso si, separadas dos homes. Non vaia ser que a muller
vexa a planificación das xogadas antes que os “entendidos” do
balompé. Ou que se exciten ante os pantalóns curtos dos seus amigos
ou veciños ou fillos ou maridos ou parentes. Pero en que mundo
vivimos!
Finca Fierro. Sábado, 13 de xaneiro
de 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario