martes, 23 de enero de 2018

ALMA DELITIVA

A violencia case se pode dicir que é a raíña e señora das nosas vidas desde que o mundo é mundo. Aínda que teñamos un corazón de ouro (por exemplo, o meu), sempre haberá un momento no que estouremos de tal maneira que ata nós mesmos quedaremos totalmente atrosmados, apaiolados. E nese momento, se fai falta rebentamos o mundo. Non vou analizar aquí se antes había máis violencia que agora. Eu penso que igual, que a violencia está no ser humano, e por moito que digamos que a educación tal ou cal, creo que son trapalladas. Porque desde sempre sabemos que a violencia é mala. Para que queremos máis educación?
Vén toda esta parola a conto porque alá polo 20 de maio de 1905 en Baños de Molgas promoveron unha liorta Antonio Garrido Carballo, veciño de Presqueira, e Ángel Losada, de Froufe. O peor parado foi o de Presqueira, Antonio Garrido, que resultou gravemente ferido de tres puñaladas no costado esquerdo. Nada de hostias... a navallada limpa! Eramos bestas antes e seguimos sendo bestas hoxe. Os xornais todos os días sacan sucesos como aqueles. Ou peores aínda. A natureza humana ten alma delitiva.

Finca Fierro. Martes, 23 de xaneiro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario