Cada vez que usamos a expresión “coa
igrexa topamos” facémolo sempre en plan negativo. Eu mesmo, non
hai moito, nun Testemuñas da Memoria usaba esa expresión no plan de
que “ata aí se chegara co asunto”. Pero ás veces hai alguén
que rompe as regras e déixanos coa boca aberta. En Baños de Molgas
aconteceu. Porque en Baños de Molgas, aínda que non queiramos,
acontecen moitas cousas. Certo, boas e malas. Neste caso boas.
A principios de marzo de 1904 o defunto párroco de Baños de Molgas, don Miguel Álvarez, deixou no seu testamento 4.000 pesetas para os pobres da parroquia de San Salvador e 1.500 para a Igrexa. E a maiores deixou tamén 125 pesetas para cada unha das igrexas nas que serviu. Naqueles tempos imaxino que en poucas porque había curas abondo, que se é hoxe, ou repartía a menos cartos ou non lle chegaban para distribuílos entre tantas parroquias como levan. Hoxe en día, algúns cregos pérdense ó contar as parroquias. O dito: semella que don Miguel Álvarez era unha boa persoa. Claro que tampouco quero entrar na análise de como conseguiu tal cantidade de cartos. Iso, no ano 1904, tiña que ser coma hoxe unha millonada. Máis ou menos. Non obstante, o detalle está aí.

Finca Fierro. Luns, 8 de xaneiro de
2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario