martes, 9 de enero de 2018

UNHA AUTÉNTICA FEIRA

Estou cansado. E non de traballar (por sorte estou de vacacións e chove, o que significa que non vou á viña). Estou cansado de ler sempre o mesmo. O desgraciado asunto de Diana Quer e O Chicle. Haberá unha semana (ou máis xa, non sei), cando se pillou ó culpable, houbo un xornal galego que ocupou 12 páxinas falando dese asasinato. Ós tres ou catro días aínda enchía oito páxinas co mesmo.
Por moito que doa e por moito que se lle queira a unha persoa (descoñecida, pero persoa), chega un momento en que todo cansa. Eu, se chegara a ser familia da rapaza, prohibía desde o primeiro momento todo o barullo que se armou en torno ó asasinato. E a xustiza, se fora como tiña que ser, proclamaba o segredo do sumario. É que entre uns e outros están formando xa tal feira que chega un momento en que non che queda outra que dicir: basta! E despreocúpaste da rapaza e do que lle pasou á rapaza. O mesmo, o mesmo que acontecera con aquela Marta del Castillo. Meus Deus!, xornais, televisións, radios, revistas... unha auténtica feira. Pobre rapaza! Non merece isto.

Finca Fierro. Martes, 9 de xaneiro de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario