martes, 12 de enero de 2021

NUNCA SE VIU OUTRA

No mes de abril fará 30 anos que me vin de Madrid. Pois ben, sigo estrañando aquela vida, aquel lugar, aquela cidade. Gustábame Madrid. Gústame Madrid. Amo Madrid. Pero a nevada que caeu estes días non o fixo tan só en Madrid. Aínda que para os medios de comunicación semella que só se concentraron nesa capital os copos de neve. De vergonza o que está a acontecer cos estes medios. Escoites ou leas ou vexas o medio que che cadre, tan só te atoparás con imaxes ou noticias sobre a impresionante nevada que caeu sobre a capital do Imperio. Que si, que nunca se viu outra. Pero tampouco se vería outra en outros lugares, que agora mesmo non sei dicir cales porque ningún medio de comunicación falou o amosou os tales.


E se algo sei máis, é grazas a esas fotos ou vídeos que circulan polas redes sociais; como un vídeo no que, seica, dous homes se afanan en desenterrar unhas ovellas que quedaron baixo a neve, ou a foto dunhas vacas en León na que se ve como a neve as cubre case por completo. Por certo, cando poderán pacer esas vacas ou esas ovellas? Non todas as calamidades corresponden a Madrid.

Neste noso país infórmase como se informa. Fan de Madrid o punto neurálxico desta calamidade como outras veces se lles dá por dicir, por exemplo, e ante un simple charco na Pitediña, que o río Arnoia está a alagar toda a vila de Baños de Molgas. E non comento a foto do Casado padexando neve porque me dá vergonza. Non aprenderon nada de Feijóo apagando un incendio cunha mangeuiriña de xardín. Tal para cal ou un mata e o outro esfola.


Finca Fierro. Martes, 12 de xaneiro de 2021

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario