lunes, 14 de junio de 2021

POR CULPA DA EUROCOPA

Que nervios. Que angustia. Que apuro. Canta adrenalina. Por culpa da Eurocopa. Por culpa da Eurocopa ando de aquí para alá á velocidade da luz. E co cara que a puxeron... Por culpa da Eurocopa podo dicir que as tardes/noites cambiáronme por completo desde a xubilación. Se deica agora era: cabezada, ordenador, biblioteca, lectura, cea, ordenador e película; desde que empezou a Eurocopa é: cabezada, fútbol, escapada a tomar café e botarlle unha rápida ollada a algún outro xornal distinto dos da mañá, fútbol, cea e outra vez fútbol. Xa case estou desexando que cheguen eses días nos que tan só hai dous partidos: ás seis e ás nove.


E mentres dure a Eurocopa ou polo menos mentres haxa partidos ás nove da noite tamén xa me podo esquecer da correspondente película televisiva, a non ser que a partir das doce ou doce e pico proxecten algunha que se poida ver. É que a partir das once (conclusión do derradeiro partido diario), e a maiores de que a esas horas xa todas as películas están empezadas (son deses fanáticos que as ten que ver desde o primeiro fotograma), tamén fochico ou fago algo útil co ordenador; entre outras cousas, escribir ou pasar a limpo os relatos que escribo. Polas mañás non me fago tanto o preguiceiro na cama, porque quero aproveitalas para poder ler algo máis, xa que, polas tardes, por culpa da Eurocopa, case non leo.

Ando apuradísimo, pero contento. Porque a Eurocopa non me está defraudando. Marcho, que me vai empezar o partido das seis da tarde.


Cafetaría La Carabela. A Valenzá. Luns, 14 de xuño de 2021

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario