martes, 9 de abril de 2013

A ELEGANCIA DA POMBA



              A pomba peteira xusto enriba dunha tapa de sumidoiro. Álvaro Carballo Estandarte contémplaa mentres espera a que unha rapaza moi nova lle corte o cabelo, ou que llo rape. Álvaro Carballo leva xa moito tempo que usa un rapado ao dous. Séntese máis cómodo e non perde tempo peiteándose. Cando mira de novo á pomba leva un gran susto ao vela cruzar o paso de peóns con toda a parsimonia e cando ve como dous ou tres coches pasan sen contemplacións. Mais a nosa amiga sortéaos con elegancia; un choutiño para un lado, un brinco para o outro lado, un despegue harmonioso e moi curtiño e, o mellor, unha aterraxe con estilo, con moito estilo; tanto que ata o propio Álvaro Carballo Estandarte alucina e desexa de corazón que ningún coche a esmague. Hai energúmenos que non frean con tal de levala por diante. Álvaro ergue da cadeira na que está, para sentar na que o van rapar.

              Perruquería A Nena das Tesoiras da Valenzá. Luns, 8 de abril de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario