miércoles, 17 de abril de 2013

TENSIÓN NA VIÑA



              A pesar de que non empecei cedo (penso que xa pasaba das dez), conseguín acabar a viña antes da unha, para xantar. Dándolle o insecticida Pyrgos, contra o pedrés. Tamén é certo que non parei nada. A muller preparaba a composición e eu descargaba a máquina de 15 quilos. Desde a primeira gabia, o calo que teño na planta do pé esquerdo empezou a facer das súas, é dicir, empezou a doer de carallo. Logo, para máis aquel, a viña acabábase de arar, de cando lle botamos o mineral, xusto oito días antes. Ante isto, a terra estaba tan branda que andar por ela e con esa dor do calo, a mañá foi desas sufridoras. Sufridoras e con moita tensión. Eu quería rematala pola mañá, o sogro dicindo, primeiro, que non chegaba o bote do insecticida e, despois, que non chegaba o bidón da auga para concluír que era imposible rematar antes do mediodía. De todas formas, non parei e... sobrou máis de medio bote, sobrou un ou dous cubos de auga e rematei á unha menos cuarto. Era domingo.

              Café Aitana 39 da Valenzá. Domingo, 14 de abril de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario