jueves, 11 de abril de 2013

ESCAPARATES BALEIROS



              A nena contempla o escaparate e vese algo triste no cristal do mesmo. O escaparate está baleiro. Hai tempo xa que moitos escaparates están baleiros. A nena non se detivo alí para ver, analizar ou estudar o que estivese exposto. Ela xa sabía que alí non había nada exposto, que aquela tenda, como tantas, estaba pecha. A nena Luzdivina Candelas Lienzo parouse alí, precisamente alí, para lembrar os máis de dez anos nos que traballou vendendo zapatos. Grazas a estes, e usando a metáfora, sabía de qué pé coxeaban practicamente todos os veciños da contorna. Sabía a personalidade de cada un por medio dos calcetíns ou medias, dos tacóns ou das soletas. Luzdivina Candelas Lienzo vía no cristal o triste xesto que asomaba nos seis beizos. Leva máis dun ano no paro e imaxina todos os escaparates baleiros da cidade. Uns cantos. Uns moitos. Un inferno. Unha miseria. Unha pequena bágoa baixa pola meixela esquerda da nena protagonista.

              Café Oren Express da Valenzá. Luns, 8 de abril de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario