lunes, 8 de abril de 2013

BENDITA FIN DO MUNDO!



              Non vin a película, nin creo que a vexa ata que non asome pola televisión, nin lin moi boas críticas dela, pero que contento estou coa longametraxe española “Os últimos días”! Porque nela nárrase algo así como a fin do mundo. En Barcelona! En España! Por fin unha auténtica catástrofe acontece no noso país! Malditos ianquis; todo se inicia no seu país. Un meteorito cae alá. Un volcán rebenta en plena cidade dos Ánxeles. As naves extraterrestres aterran en Estados Unidos. Os terremotos cébanse cos rañaceos americanos. O terror galáctico non é que aconteza nese país, pero, me cago no demo!, os personaxes ianquis están metidos polo medio. As cheas, treboadas, conxelacións, cataclismos, marabuntas, formigueiros, etc., todo, todo acontece no país dos ianquis. Menos mal que algo empeza a cambiar; primeiro, o terror, con “Rec” e, agora, a fin do mundo con “Os últimos días”. Sinceramente, menos mal!

              Café Viena 17 de Ourense. Venres, 5 de abril de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario