martes, 16 de abril de 2013

LOGO DUNHAS PÁXINAS



              Tiven que pasear primeiro porque a cafetaría do pavillón estaba a tope. A muller marchara a mercar unhas cousas e coa intención de que eu quedase só para escribir. Pero a cafetaría estaba a tope. Torcín o xesto, mais non estaba disposto a perder o tempo. Non o perdín. Porque, paseando (faltaría máis), botei man do armatoste 2666”, de Roberto Bolaño. Son 1125 páxinas que, quéirase ou non, pesan abondo cando sostés ese volume nas mans. É dos típicos libros que hai que ler sobre un apoio, sobre unha mesa. Pero iso de ler andando... ai, esa afección miña é máis forte cá canseira que poida pillar nas mans a causa do peso. E lin. Porque, para escribir, a cafetaría estaba a tope. Logo dunhas páxinas, en concreto, de cinco páxinas e media, subín de novo á cafetaría e, sorpresa!, xa había cinco ou seis mesas libres. Sentei, claro. E escribín, por suposto. Isto. Non perdín o tempo.

              Cafetaría do pavillón dos Remedios de Ourense.
              Xoves, 11 de abril de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario