domingo, 21 de abril de 2013

POR INERCIA



              Estou pensando que se me cerran os ollos; por culpa do sono, da canseira, da nugalla, do aburrimento. E o pensamento é tan forte que, realmente, cérranseme. Pero non durmo. Porque, verdadeiramente, sigo con eles abertos. Tan só os pecho co pensamento. A inercia fai que sigas ao pensamento. Aínda que eu ben vexo o partido que proxectan pola televisión. E sigo aos xogadores e as xogadas… por inercia; xa que, na realidade, non me decato de nada. Para evitar a somnolencia boto man do bolígrafo e escribo sobre un pequeniño papel. Tamén por inercia. Porque cando collo o bolígrafo, adoito escribir sempre algo. Ás veces non sae nada. Pero é moi raro. Sempre busco palabras e, cando as atopo, cúspoas e, elas, mollan o papel, déitanse no papel. Por inercia, claro.

              Café Oren Express da Valenzá. Sábado, 20 de abril de 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario