jueves, 13 de noviembre de 2014

A GRAN OBRA MESTRA

 

               Tanto vai o cántaro á fonte que acaba rompendo. Normal; se vai moitas, moitas veces é lóxico que caia algunha vez. A ver, quen non ten algún tropezón na vida? Ou ben porque engarras nun caxato, ou ben porque tropezas nunha pedra, ou porque che fan a cambadela, ou ben porque te desequilibras por entre os regos dunha leira, ou ben porque incluso alguén te empurra un chisco e ti atrapállaste cos pés e caes. Pero o bonito dos tropezóns está en que, logo, érgueste e punto. Punto non; se é punto tes que parar, acougar. Ó erguerte bótaste a andar de novo e xa está (Xa está vai mellor ca punto)... ata que volves tropezar, ata que esgazas de novo outro cántaro porque che caeu. Ou porque lle deches unha patada; vai ti saber! Pero de novo, unha vez máis, colles outro cántaro, e outro, e outro, e os que fagan falta. Porque a vida sigue. E ata que non teñamos o rebentón final, hai que levantarse unha e outra vez... porque a auga da fonte está fresca e hai que bebela. Ou sexa, a vida é a gran obra mestra e hai que vivila; con feridas causadas polos tropezóns, pero con sorrisos que curan. Sorriamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario