Cando Maldras Rei Cachazudo mirou
para as escaleiras de pedra que baixaban á burga de Baños de Molgas pensou que
o mundo se lle viña encima. Viunas tan pendentes e tan perigosas que botou un
paso para atrás e tardou en reaccionar. A ver, as escaleiras non son perigosas
porque incluso por alí baixaban as vacas cando se enrellaban nun pezuño e había
que meterlle a ferida na auga bicarbonatadosódicas para que lle curase en pouco
tempo. O que era un perigo era o propio Maldras, que se cambaleaba como unha
vara de vimbio a causa do licor café que aniñaba xa nas súas entrañas. O noso
protagonista bebía de raio. Empezaba de mañá cedo e percorría todos os bares
existentes na estrada principal de Baños de Molgas. E eran uns cantos. Claro
que, antigamente, eran outros cantos máis, e outros, e outros; case se dicía...
cada casiña, seu bar. Eran outros tempos. Maldras Rei botoulle peito e baixou,
a modiño, pero baixou, con perigo pero baixou. Bebeu tres grolos do cano e...
coma un milagre, pasoulle a borracheira!
No hay comentarios:
Publicar un comentario