Sempre sentín fascinación polo
espazo sideral, polo universo, por esas alturas, polo silencio que ten que
imperar por ese lares, pola frase de Buzz Lightyear: ata o infinito e máis alá.
E como este personaxe de Pixar voaba, eu imaxino o infinito (e máis alá) pois
por esa bóveda celeste, por ese espazo misterioso e creo que fermoso. Hai 470
millóns de anos un obxecto de 200 quilómetros de lonxitude seica chocou entre
as órbitas de Marte e Xúpiter, polo que se desfixo en varios fragmentos. Dous
destes cachos viaxaron xuntos durante 12 millóns de anos ata que chocaron na
Terra. A causa do choque parece ser que asomou a actual Suecia. Como me é
imposible poder vivir eses millóns de anos, opto por un soño no que daría todo
un mundo por poder viaxar con ese obxecto e, despois, con calquera deses
fragmentos que se espallaron polo universo. Non pido de viaxar os millóns de
anos, pero si o de ir a cabalo dos elementos para contemplar a magnitude dese
espazo no que a visión do infinito e a calma do silencio sería como o soño
perfecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario