Un pontevedrés intentando que lle
quitaran unha multa de aparcamento porque o sinal estaba en galego. Manda truco
na Habana! Pois resulta que o sinal non só ten palabras escritas na nosa
lingua, senón que ten números que todos entendemos e, o máis importante, un
disco circular azul cruzado por aspas vermellas, que, se non erro, significan
prohibido. Se ves algo prohibido e ves uns horarios, non hai que ser moi listos
para intuír o seu significado. O que pasa é que o pontevedrés non foi de
listo... foi de listiño, de espelido, de cara lavada. O máis rechamante de todo
é que é un pontevedrés!, ou sexa, un galego! Que non saiba ler en galego, vale;
pero que non o entenda? Poño a man no lume a que un castelán sabe a tradución
de “laborais” e “servizos”. Poida que non saiba o significado de “agás”. Pero
ante aquelas dúas, os horarios e o disco de prohibido son suficientes para que
un de Laponia entenda que aí non se pode aparcar. Un xuíz rexeita a reclamación
do listiño. Menos mal. Algúns queren ir de chulos pola vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario