lunes, 10 de noviembre de 2014

UN RESPONSO POLA CONCIENCIA

 

               Sinto que teño que berrar polos mortos daquel verán. De que verán? Daquel no que houbo moitos. Sempre hai moitos. Pero hai mortos e mortos. Hai mortos asasinados e mortos suicidados. Hai mortos de morte doce e mortos de morte violenta. Hai mortos afogados e ata mortos románticos. Pero todos, absolutamente todos son mortos mortais. Requiescat in pace para o defunto.

               Mais o peor de todo é que hai vivos que están mortos. Que andan pola vida coma defuntos masacrados, coma zombis escarallados. Ás veces ata pensamos se non sería mellor que tamén estiveran mortos pero ben mortos.

               No reverso da moeda tamén nos atopamos con mortos que están vivos. Aqueles que non te deixan nin a sol nin a sombra, é dicir, nin baixo dous palmos de terra. E o seu recordo machúcache unha e outra vez o cerebelo, polo que case temos que cantar un responso pola nosa conciencia. Esta bulebule unha e outra vez por esa morte que non te deixa. O mellor é lanzarlle un R.I.P. ós recordos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario