sábado, 21 de marzo de 2015

AS CHULERÍAS QUE COMETEMOS



              Como somos tan ricos andamos a tirar os cartos. Non, non vou falar de inauguracións, nin de ladróns, nin de corruptos, nin tan sequera dos bancos. Só de trapalladas que se cometen para facer tan só probas. A Policía Local de Ourense proba un radar móbil na cidade pero sen poñer multas. Só para probar. Vale, si, e para educar. En que nos teñen que educar? Se xa sabemos que non podemos correr máis alá do que marcan as sinais. Se non van multar, para que o mercaron? Xa sei que moitos pensan que as multas son tan só para recadar. Ui se quixeran recadar de verdade!, dígolle eu duns cantos sitios nos que se podían poñer as botas. E, coidadiño, fala un servidor ó que xa multaron tres ou catro veces. Por non respectar os límites de velocidade, a pesar de que vou lento. Ando todos os días polas estradas e vexo as pallasadas, as chulerías que cometemos. Sinceramente, debería de multarse máis. Porque é lei de vida: que só aprendemos a base de paus. E, por favor, non usemos o truco da educación. Enténdese que xa nos educaron nas autoescola. Pero queremos ser máis chulos que aquel.

No hay comentarios:

Publicar un comentario