lunes, 30 de marzo de 2015

OS SEUS COMPROMISOS



 
               Hai pouco falaba das inauguracións, ou mellor dito, dos inauguradores; que facían súas as obras que pagabamos os pombos. Pois nada, non valeu de nada a crítica. Falando claro: nin puto caso! É máis, acaban atacando ó criticador. Así o fixo Ana Pastor cando o BNG lle botou en cara que inaugurara tres obras en catro horas. Sen andar con días santos (díxeno sempre: van de chulos e incluso che refregan nos fociños a súa chulería) soltou a gran frase, ou sexa, a gran chulería: “Doe que cumpra os meus compromisos”. Iso é, os compromisos, os de coller pala e carretilla, ladrillo e bloque para construír a obra con cariño e con moito suor. Para inaugurar esas tres obras (que pagamos nós) tería que facer uso de desprazamentos (que pagamos nós) a eses lugares e facéndose acompañar dunha camándula de ineptos (que, por suposto, pagamos os pombos) e ante as obras soltar aquilo de: “aí as tedes, grazas ós meus esforzos, ós nosos crebacabezas”. E queda, e quedan tan panchos! Ata aseguro que, agora, logo da crítica, dunha ou doutra maneira, haberá que esperar as súas represalias. Seguro que chegan! Coma se non os coñecese...

No hay comentarios:

Publicar un comentario