lunes, 16 de marzo de 2015

O PERO DOS AVÓS, A ESCUSA DO CARIÑO


               Hai un tempo semella que se fixo unha enquisa sobre os deberes que os nenos levan para as casas. Uns, claro, estaban a favor e outros en contra. Os que máis sofren (aínda máis cós propios nenos) son os avós. Normal. A quen se lle ocorre preguntarlle ós avós! Xa poden ser os nenos nugalláns ata o infinito e máis alá que... pobriños, agora os profesores tamén os enchen de deberes. Non lles chegará co colexio. Tamén teñen dereito a divertirse. Etcétera. Por exemplo, os meus rapaces; teñen idade para botarme unha man, e os avós así o recoñecen, pero... Aí está a conxunción maldita, a escusa do cariño. Pero hoxe vai frío. Pero hoxe quenta moito. Pero hoxe está medio chovendo. Pero veñen de xogar e virán cansos. Pero, pobriños, se non saben coller un sacho. Ai, sogra, mira que o pombo tamén tivo que aprender e, á súa idade, xa eu... Xa, pero eran outros tempos. O maldito pero. Agora, grazas a Deus, non precisan das aixadas. E se é o pombo o que leva a aixada, o sacho, a gadaña, o arado, o fouciño, claro que non precisan levalos eles. Ai os avós! Saben que teñen que estudar, pero. A escusa do cariño. O remedio do pombo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario