A nena Pandora Lustre Camiño caeu
coma un cesto barreleiro tan axiña como deixou de apoiarse no cristal da
cafetaría. Pero coma todos os cativos, caeu ben, caeu de cu. Agora os nenos
nunca se mancan nesa parte do corpo. Ata hai que recoñecer que, agora, incluso
dá un chisco de gusto darlle un azoute no cu a un neno; non lles doe. Os cueiros
destes tempos amortecen un azoute e algo máis ca un azoute. Ollo ó dato: uso
azoute con todo o cariño do mundo, como cando miña mordía ós nenos nas meixelas
de tanto que os quería. Eu saio un chisco a ela; non os mordo, pero doulles
unhas apertas tan fortes que teño medo a rompelos. Pero é que onde estea un
neno... Falando de cueiros; imaxino os dos anos 60. Que dis, home, acaso levaba
eu cueiro? Nin cueiro nin farrapo de gaitas! O cu andaría ó aire a maioría das
veces e as outras... as outras, pois iso, con farrapos ou que os calzóns
aguantasen o que lle botasen. E os pantalóns. Ata nos nomes cambiou o asunto;
de calzóns pasaron a slips. Queda máis fino. A nena Pandora Lustre Camiño
ergueu traballosamente pero axiña volveu caer coma un cesto barreleiro. Non lle
quedan caídas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario