martes, 31 de marzo de 2015

MÁIS ALÁ DA ENTRADA DE CINE



 
               Vaia por diante que incluso odio que se coma nos cines, porque os cines son para ver películas e as cociñas ou comedores das casa son para comer. Pero ante a imposibilidade de que, hoxe en día, se prohiban eses malditos flocos de millo, eses descomunais botes de Coca-Cola e esa visión porcalleira das salas ó rematar a película, paso a criticar á empresa Galicine, a que rexenta os cines Pontevella da nosa cidade, porque lle prohibiu a unha nena celíaca entrar coas súas larpeiradas sen glute. Antes da crítica dicir que, ó ler isto, case me alegrei polo que comentaba na primeira liña, pero resulta que tal prohibición debíase a que as tales lambonadas non se mercaran nesa pallasada de mostrador que teñen dentro (eles chámanlle as súas tendas) Non lles chega con que pagues a entrada, senón que tamén queren aproveitar o que vaias consumir. Odio que se coma nos cines, pero se deixan, non se pode obrigar a unha persoa a mercar onde non quere. Eu sei de dúas boas opcións: unha, meterlle un bo paquete polo de libre mercado e, dúas, que só que fora durante unha semana, que ninguén lle mercara nada en ningunha das “súas tendas”

No hay comentarios:

Publicar un comentario