Alucino por entre a selva
vietnamita de Apocalypse Now e quero
esnafrarme contra o The Wall de Pink
Floyd. Sempre quixen deter todas as guerras, pero son un cero á esquerda nos
soños de boas bondades, na ansiedade de moitas misericordias. Quero cruzar a Ponte sobre augas turbulentas de Simon
& Garfunkel, pero na metade do camiño caín nas redes de Spiderman. Hai que amolarse! (por non
dicir outra cousa); en vez de estar salvando o mundo, o moi cabrito, está a determe
na etapa salvadora dos soños. Deixo que a miña conciencia cabalgue cos Centauros do deserto, pero Ós meus corenta e dez (ou máis) de
Sabina afogo nun simple charco de auga. Quedei preñado de soidade na película
da realidade infinita e rebento de orgullo ante unha canción que conta o que
ninguén cre. Hai heroes que non saben choutar dun tellado a unha páxina en
branco, e os hai que corren polas páxinas escritas para esnafrarse nunha pista
de vinilo. Ás veces, moitas veces é bonito soñar esperto. Aínda que non consiga
parar as guerras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario