Hai que ver qué listos son os
nosos políticos. O noso presidente Feijóo sabe, de fixo, o que fai a
chicharra... que seica protesta. “Feijóo critica a política da cigarra que só
protesta”, así rezaba un titular dun xornal. E se a cigarra en vez de protestar
está a bailar un sirtaki. Digo este baile porque me lembrei de Grecia. Resulta
que a única vez que larguei de España, foi para facer unha ruta turística polo país
heleno. En pleno verán. Cando baixamos do autobús polo mediodía impresionoume
aquel ruído, aquela “protesta” das chicharras. Metíase na cabeza. Ó mellor
estaban bailando. Quen protesta a esas horas cando tododeus está durmindo a
sesta. Non sei se bailan, rin, choran ou protestan. Núñez Feijóoo si o sabe. É
listo. Para iso é presidente da Xunta. Ata poida que teña razón: que a
chicharra proteste. Pero tanto a chicharra coma calquera ser racional, cando
protesta, por algo será. Será porque lle están saltando na aña e chuchándolle o
sangue. E ninguén quere levar paus. As cigarras tampouco. E protestan. Teñen
dereito a protestar. Temos dereito a protestar. Incluso a berrar, señor Feijóo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario